← Volver atrás

Somorrostro Pérez, Antonio

Alcume: Fura
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Procesado

Nacemento:

Miño
(A Coruña)
- 01/01/1919 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 17 anos. Veciño de Miño. Fillo de Manuel Somorrostro Lorenzo, encarcerado.

Fuxido. Procesado.

O día 31/08/1937 foxen de Miño, na pequena lancha motora La Golondrina, varios republicanos que levaban tempo agochados. A fuga organizárona o ex-alcalde de Miño Ricardo Pérez Medín e a súa dona Francisca López del Río. Saíron de Miño e chegaron a Marennes (Nova Aquitania, Francia); mandáronos aos poucos días a Rochefort (Nova Aquitania, Francia), onde os meteron nun tren cara Barcelona, á que chegaron o día 17/09/1937.

Dos 11 fuxidos, nove eran de Miño: Manuel Barros Serrano, labrego; Antonio González Basanta, mariñeiro; Francisca López del Río, traballo na casa; Abelardo López Varela, xornaleiro; Ricardo Pérez Medín, albanel; José Rodríguez Pérez, mariñeiro; Francisco Rodríguez Quintas, ferreiro; Antonio Somorrostro Pérez, labrego, e Juan Varela Bouza, labrego. Tamén fuxiron Andrés Fraguas, que era madrileño, e Manuel Salorio Díaz, veciño da Coruña.

Logo prestou servizo no Exército Popular da República na guerra civil.

Capturado polos franquistas.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar co resultado de sobresemento provisorio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha