← Volver atrás

Varela Méndez, María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

República Arxentina

Biografía

Casada co chofer e político Ventura Andújar Méndez; tiveron catro fillos varóns: José, Luis, Manuel e Fito. Veciños de Tufións, Vimianzo (A Coruña). Tiñan camión propio e Ventura adicábase ao transporte de alimentos e mercadorías.

O seu home era republicano e membro do Sindicato de Oficios Varios da Ponte do Porto, Camariñas (A Coruña), da UXT.

Exiliada.

Nos primeiros días do movemento sedicioso, do 18 ao 25 de xullo de 1936, Ventura puxo o seu camión ao servizo da defensa da República e participou na requisa de automóbiles, seguindo ordes sindicais. Tamén participou no “asalto” ao castelo de Vimianzo.

Ao seu marido prendérono, xulgárono na Coruña e condenárono a cadea perpetua; internárono no Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), de onde sae en liberdade condicional o día 01/06/1941.

Ventura logrou saír de España ao embarcar en Vigo (Pontevedra), no vapor Salta, para chegar á Arxentina o día 28/04/1950. No ano 1955 residía alí coa súa muller e os tres fillos maiores; Fito morrera.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha