← Volver atrás

Varela Puentes, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Vilamateo, Vilarmaior
(A Coruña)
- 26/07/1980 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político, 44 anos. Veciño de Vilamateo.

Concelleiro de Vilarmaior polo Partido Galeguista (PG), despois do triunfo da Fronte Popular (FP) nomeárono presidente da xestora do seu concello o 23/05/1936.

Fuxido. Encarcerado.

Botouse ao monte de 1936 ata 1941, entrégase ás autoridades franquistas nese ano 1941 e consegue reintegrarse á vida normal.

Segue colaborando coa guerrilla antifranquista e sería enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG); era o número tres da organización reestruturada por Francisco Rey Balbís, Moncho, adicándose á procura de armas a través de compañeiros empregados na Fábrica de Armas da Coruña.

Detivérono o día 28/07/1951 e pasou 16 anos no cárcere.

Foi testemuña do agarrotamento de Benigno Andrade García, Foucellas.

Saíu do cárcere no ano 1967.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha