← Volver atrás

Vázquez Carril, Faustino

Alcume: o Meana
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Monforte de Lemos
(Lugo)
- 18/04/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 10/05/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Barbeiro e xornalista, 22 anos. Solteiro. Veciño da Coruña. Era o sexto de nove irmáns. Soldado voluntario desde 1935 na Coruña; era soldado do Parque de Artillería. Ingresara no Exército para solucionar a súa vida.

Colaborador do xornal coruñés El Eco Deportivo.

Simpatizante do presidente da República Manuel Azaña Díaz.

Executado.

Detido en Monforte de Lemos no momento de producirse o golpe militar, cando estaba de permiso.

Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos o día 25/07/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo o 28/07/1936.

Liberárono e incorporárono nunha das levas ao exército sublevado e combateu no Principado de Asturias.

Detido a consecuencia duns escritos que fixo no seu diario de campaña e contrarios aos rebeldes (con ataques a Franco [“señorito sarasita” e “un sarxento ascendeu a capitán porque el mariquita de Franco lo esclavizó para sus caprichos sexuales”] e aos falanxistas [“chulos de Cantones”]), cando se atopaba ferido no Hospital Xeral da Coruña por mor dun accidente de tráfico e o denunciou un compañeiro.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña polo delito de rebelión co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 15/04/1937.

Fusilárono os golpistas ás 05:00 h en Punta Herminia, na Coruña.

Soterrárono no cemiterio da Coruña.

Escribiu “Diario bélico de la guerra civil española (1936-1937)”.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha