← Volver atrás

Vázquez Gómez, Eulogio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

Zamora
- 01/01/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Entrimo
(Ourense)
- 02/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 47 anos. Casado. Veciños da rúa Hernán Cortés, 34, en Ourense. Emigrado na República Arxentina, país no que casou arredor do ano 1911. Tiña un taller propio de ebanistería.

Pertencía a unha familia republicana e, ata o ano 1934, sería un activo sindicalista e vencellado á defensa da ensinanza laica en Ourense.

Encarcerado. Paseado.

Ingresado na Prisión Central de Celanova (Ourense) nos intres do golpe militar, cadea de onde o sacaron os falanxistas con outras tres persoas para darlles o paseo.

Morte rexistrada ás 04:00 h en Entrimo a causa dun traumatismo e de hemorraxia interna por disparos.

O seu cadáver apareceu na Corga de Videira, San Fiz de Galez, Entrimo, no quilómetro 67,8 da estrada N540 de Ourense a Portugal.

Nese lugar e data asasinaron a: Roberto Blanco Torres, xornalista e poeta; Eulogio Vázquez Gómez, carpinteiro, e José Villamarín Iglesias, oficinista. Un cuarto antifascista conseguiu fuxir.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha