Nacemento:
Morte:
Xornalista, poeta e político, 45 anos. Casou en Vigo (Pontevedra) no ano 1926 con Julia Sánchez Novoa. Era o máis pequeno de dez irmáns, fillos dun cura dispensado. Cos seus irmáns maiores marchou a Cuba no ano 1906, con 16 anos. Tío de Pedro Carballo Blanco, encarcerado.
En Cuba contactou con Antón Vilar Ponte e con Ramón Cabanillas Enríquez, que influíron na súa traxectoria ideolóxica. A finais de 1916 regresou a España, establecéndose na Coruña.
No ano 1907 xa publicaba artigos en Follas Novas, na Habana. Colaborou e chegou a dirixir moitos xornais e revistas. En 1918 participa en Lugo na I Asemblea Nacionalista. En 1920 dirixe El Correo Gallego, en Ferrol (A Coruña); en 1921 La Zarpa, en Ourense, da que en 1923 era o redactor xefe. En 1927 era redactor xefe de El Pueblo Gallego. Tamén publicou libros de poemas e de artigos dos xornais, escribindo en lingua galega. En 1930 participou na creación da Asociación Galega de Escritores (AGE). No ano 1931 dirixía La República, en Ourense. Participou nas Irmandades da Fala. Dirixe El Noroeste, da Coruña, e El País, de Pontevedra, desde 1935.
Membro da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e, despois, do Comité Executivo da Federación Republicana Galega (FRG). Gobernador civil de Palencia do día 29/12/1931 ao día 16/02/1932. En maio de 1936 era xefe do Gabinete de Prensa do ministro da Gobernación. Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).
Paseado.
O comezo da guerra sorpréndeo de vacacións en Amido, Santiago da Peroxa, A Peroxa (Ourense), na casa da familia da súa dona; tentou pasar a Portugal por Bande. Detido o día 22/07/1936 por un grupo de falanxistas e conducido ao cárcere de Ourense, onde pasa dous meses, e logo á Prisión Central de Celanova (Ourense) onde só pasa unha noite.
O día 03/10/1936 os falanxistas sacárono da cadea e asasinárono en Entrimo.
Morte rexistrada en Entrimo a causa de traumatismo e hemorraxia interna por disparos.
O seu cadáver apareceu na Corga de Videira, San Fiz de Galez, Entrimo, no quilómetro 67,8 da estrada N540 de Ourense a Portugal.
Nese lugar e data morreron asasinados: Roberto Blanco Torres, xornalista e poeta; Eulogio Vázquez Gómez, carpinteiro, e José Villamarín Iglesias, oficinista.
Homenaxeado coas Letras Galegas do ano 1999.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.