← Volver atrás

Veiga Gómez, Felipe

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Bergondo
(A Coruña)
- 26/09/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ordes
(A Coruña)
- 28/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 24 anos. Veciño das Angustias, San Pedro das Viñas, Betanzos (A Coruña). Irmán de Ramón Veiga Gómez, fuxido e logo encarcerado.

Afiliado ao Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT. Segundo algunhas testemuñas tamén pertencía ás Xuventudes Comunistas do PCE.

Paseado.

Despois do movemento faccioso desertou da Armada.

O seu cadáver apareceu na estrada A Coruña-Santiago de Compostela, en Santa María de Leira, Ordes.

Morte inscrita no Rexistro Civil de Ordes como a defunción dun “sujeto desconocido”, duns 28/30 anos, por mor de desfeita cranial producida por disparo de arma de fogo; unha nota marxinal do día 06/09/1941 certifica que se corresponde con Felipe Veiga, de 25 anos, chofer, solteiro e sen descendentes.

Segundo o folleto Betanzos honra a sus mártires, paseárono con Pedro Salgado Barral na zona de Ordes o día 16/09/1936 por seren afiliados da CNT. Isto é inexacto pois a Pedro paseárono en Filgueira de Traba; tamén ten erros a data da morte de Felipe, que tería acontecido antes do 28 de agosto.

Segundo lembra a familia, o seu asasinato sería unha vinganza; fixera facía pouco tempo o servizo militar e fora ordenanza dun mando militar que vivía en San Pedro de Nós, Oleiros (A Coruña). Ao parecer o mando sorprendera ao subordinado coa súa dona na cama e este feito daría lugar á posterior vinganza.

Despois do golpe militar a Felipe avisárono para que marchara da casa, pero non fixo caso e prendérono.

O seu corpo aparecería cos testículos dentro da boca, coma unha especie de crime ritual e que da certa verosimilitude á versión familiar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha