← Volver atrás

Venta Pintos, Elisa-Rosa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co industrial Ciríaco Licer Cons; tiveron oito fillos, dos que sobreviviron catro: Juan, Antonio, Elisa e Teresa . Veciños da rúa das Flores, en Pontevedra. Propietarios dun taller de fabricación de toneis con catro empregados.

O seu home era militante do PSOE e cando se produce o golpe militar participou na requisa de armas na zona de Xeve e que ordenaran as autoridades legalmente establecidas; por tal motivo condenárono a cadea perpetua.

Exiliada.

Á súa familia extorsionárona os fascistas ata deixala na ruína económica. Elisa esgotou o patrimonio familiar na procura de vontades para librar ao seu home de ser paseado, conseguindo a súa liberdade do penal de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 26/08/1940.

Esgotadas as súas riquezas adicouse á venda ambulante e ao contrabando. Ciríaco facía baldes que a súa dona vendía nas feiras.

No ano 1945 Ciríaco morre na Coruña.

Elisa-Rosa rematou por marchar nos anos cincuenta para Brasil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha