Nacemento:
Morte:
Toneleiro e industrial, 35 anos. Casado con Elisa-Rosa Venta Pintos; tiveron oito fillos, dos que sobreviviron catro: Juan, Antonio, Elisa e Teresa. Veciños da rúa das Flores, en Pontevedra. Traballara na ferretería de César García e, coa súa dona, eran propietarios dun taller de toneis con catro empregados.
Militante do PSOE segundo a acusación franquista.
Encarcerado.
Cando se produce o golpe militar participou na requisa de armas en San Andrés de Xeve, Pontevedra, que ordenaran as autoridades legalmente establecidas.
Xulgado o día 20/11/1936 en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 1118/36, acumulada a causa 1098/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Nestes xuízos procesaron a: Manuel Dios Costado, albanel; Joaquín Fernández Barcia, carpinteiro; Nemesio Laya Abal, viaxante; Ciríaco Licer Cons, industrial; Eduardo-Emilio Muíños Búa, mestre, e Ramón-Ángel-Vicente Rey Juncal, chofer. A Dios Costado, Fernández Barcia e Muíños Búa condenáronos á pena capital.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua e, co paso do tempo, pola de catro anos.
Nemesio Laya Abal e Ciríaco Licer pasaron pola Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra). O día 05/02/1937 ingresáronos no penal de San Cristóbal, Pamplona (Navarra).
Concédeselle a prisión atenuada o día 26/08/1940, liberárono en xaneiro de 1942 e concedéronlle o licenciamento definitivo en 1944, despois de que a súa dona tivera que mal vender a riqueza familiar para a compra de vontades.
Á súa familia extorsionárana os fascistas ata deixala na ruína económica.
Para sobrevivir Elisa adicouse a venda ambulante e ao contrabando, mentres Ciríaco facía seis baldes ao mes para que a súa muller puidera vendelos nas feiras.
Premido polos falanxistas, que non os deixaban vivir, Ciríaco marcha á Coruña para traballar unha fábrica vinícola. Morre na Coruña.
A súa dona continuamente molestada polos fascistas, viúva, marcha para Brasil cos catro fillos sobreviventes nos anos cincuenta.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.