← Volver atrás

Muíños Búa, Eduardo-Emilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Depurado

Nacemento:

Lalín
(Pontevedra)
- 26/11/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 02/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 43 anos. Veciño de San Martiño de Verducido, Pontevedra (Pontevedra). Fillo de Antonio Muíños Malvar. Aprobou as oposicións de Maxisterio no ano 1920 e exerceu de mestre nacional en San Amedio de Millarada, Forcarei (Pontevedra), de 1920 a 1924 e desde 1924 en Verducido.

Redactor de El Progreso e correspondente de Diario de Galicia en Pontevedra.

Militante do Partido Republicano Radical (PRR), do que se deu de baixa no ano 1935 e incorporouse a Esquerda Republicana (ER).

Executado. Depurado.

Cando se produce o golpe militar participou na requisa de armas e de munición para facer fronte aos militares rebeldes, feitos nos que seguían ordes do gobernador civil. Prendérono os golpistas.

Xulgado o día 20/11/1936 en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 1118/36, acumulada a causa 1098/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Nestes xuízos procesaron a: Manuel Dios Costado, albanel; Joaquín Fernández Barcia, carpinteiro; Nemesio Laya Abal, viaxante; Ciríaco Licer Cons, industrial; Eduardo-Emilio Muíños Búa, mestre, e Ramón-Ángel-Vicente Rey Juncal, chofer. A Dios Costado, Fernández Barcia e Muíños Búa condenáronos á pena capital.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilárono os franquistas no quilómetro 1 da estrada de Campañó.

Ese día 2 de decembro asasinaron ás 07:30 h, no dito quilómetro 1 da estrada a Campañó, ás seguintes persoas: Ángel Cadavid Caamaño, médico; José-Gabriel Cespón Pazos, zapateiro; José Crespo Torres, funcionario Manuel Dios Costado, albanel; Joaquín Fernández Barcia, carpinteiro; Eduardo-Emilio Muíños Búa, mestre; José Prol Figueiro, mariñeiro; Manuel Puente Iglesias, funcionario, e Manuel Vázquez Cruz, mecánico.

Morte rexistrada en Pontevedra por mor dun colapso cardíaco.

Soterrárono no panteón nº 184, rúa C, no cemiterio de San Amaro, en Pontevedra.

Abríronlle un expediente de depuración como mestre nacional.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.