← Volver atrás

Ventín Barreiro, Perfecto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Tresaldeas, San Tomé de Quireza, Cerdedo
(Pontevedra)
- 01/01/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Canteira do Suspiro, Padornelo, Lubián
(Zamora)
- 27/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro e obreiro, 53 anos. Veciño da Gudiña. Obreiro do ferrocarril. Dirixía unha cuadrilla de canteiros na que se incluían catro sobriños (asasinados con el) e que traballaban nas obras do ferrocarril na zona de Puebla de Sanabria (Zamora); vivían todos xuntos nunha casa na Gudiña.

Militante do PSOE e da UXT.

Executado.

Cando se produce o golpe de Estado regresaron os cinco familiares a Cerdedo, onde lles indicaran que non lles pasaría nada ao non ter delitos de sangue. Aínda así, prendeunos a Garda Civil o día 15/09/1936 e trasladáronos á Prisión Provincial de Zamora.

Xulgado en consello de guerra en Zamora polo delito de rebelión militar, na causa 513/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

No mesmo xuízo xulgaron a: Perfecto Ventín Barreiro e os seus sobriños e canteiros Ramiro Lois Ventín, Manuel Ventín Rivas, Olegario Ventín Rivas e Perfecto-Erundino Ventín Rivas.

A estes cinco parentes fusiláronos xuntos os golpistas ás 07:00 h na Canteira do Suspiro.

A nai destes tres irmáns Ventín Rivas, Josefa Rivas Touriño, viaxou a Zamora a pedir clemencia para os seus fillos e a autoridade competente ofreceulle a posibilidade de escoller a un deles para salvalo da execución. A nai non puido aceptar que condenaría aos outros dous e non puido salvar a ningún.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha