Nacemento:
Morte:
Canteiro e obreiro, 29 anos. Casado; tiñan dúas fillas: Manuela e Nélida. Veciño da Gudiña. Irmán de Olegario Ventín Rivas e de Perfecto-Erundino Ventín Rivas, fusilados con el. Obreiro do ferrocarril. Formaba parte dunha cuadrilla de canteiros, que dirixía o seu tío Perfecto Ventín Barreiro e na que se incluían outros tres sobriños máis de Perfecto (asasinados con el). Traballaban nas obras do ferrocarril na zona de Puebla de Sanabria (Zamora); vivían todos xuntos nunha casa na Gudiña.
Militante do PSOE e da UXT.
Executado.
Cando se produce o golpe de Estado regresaron os cinco familiares a Cerdedo, onde lles indicaran que non lles pasaría nada ao non ter delitos de sangue. Aínda así, prendeunos a Garda Civil o día 15/09/1936 e trasladáronos á Prisión Provincial de Zamora.
Xulgado en consello de guerra en Zamora polo delito de rebelión militar, na causa 513/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
No mesmo xuízo xulgaron a: Perfecto Ventín Barreiro e os seus sobriños e canteiros Ramiro Lois Ventín, Manuel Ventín Rivas, Olegario Ventín Rivas e Perfecto-Erundino Ventín Rivas.
A estes cinco parentes fusiláronos xuntos os golpistas ás 07:00 h na Canteira do Suspiro.
A nai destes tres irmáns Ventín Rivas, Josefa Rivas Touriño, viaxou a Zamora para pedir clemencia para os seus fillos e a autoridade competente ofreceulle a posibilidade de escoller a un deles para salvalo da execución. A nai non puido aceptar que condenaría aos outros dous e non puido salvar a ningún.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.