← Volver atrás

Vilán Quinteiro, Balbina

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Denigrada

Nacemento:

Cotobade
(Pontevedra)
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 43 anos. Casada co xastre Manuel Fraga Fentanes; tiveron unha filla e dous fillos: Evangelina, Manuel e José. Veciños de San Xurxo de Sacos, Cotobade.

O seu home pertenceu á Sociedade de Oficios Varios de San Xurxo e foi tesoureiro da Sociedade de Labregos desta localidade.

Denigrada.

Na noite do 10 ao 11 de agosto de 1936 un grupo de 14 gardas cívicos irromperon na súa casa e rexistrárona na procura do estandarte da dita sociedade; non o atoparon e levaron detido a Manuel, a quen asasinaron o día 11/08/1936 na Porta da Rocha, San Pedro de Tenorio, Cotobade.

A Balbina rapáronlle o pelo e prohibíronlle chorar en público a morte do seu home; nestas “delicadas” actuacións tivo un especial interese o cura de Sacos, quen tivo a salvaxe idea de ameazala tamén coa morte dos seus fillos. Os seus fillos varóns estiveron na fronte de guerra obrigados polos rebeldes.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha