← Volver atrás

Villamil Santalla, Elena

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Cuba

Morte:

Taramundi
(Principado de Asturias)
- 25/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casada co avogado, mestre e político José-María Díaz Díaz-Villamil, Pepe do Cerdeiral. Veciños de Lugo.

O seu home participou, o día 25/09/1930, no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo; nomeado gobernador civil de Huesca, de Málaga e, en marzo de 1933, de Zaragoza. José-María dimitiu dimitiu en 1934 do seu cargo e exerceu como avogado en Vilalba e Lugo; militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e logo do Partido Republicano Galego (PRG), que en 1934 se integrou en Esquerda Republicana (ER), da que foi vogal por Lugo. Nas eleccións de febreiro de 1936 obtivo acta de deputado (con preto de 100.000 votos) por Lugo, dentro das listaxes da Fronte Popular (FP). Gobernador civil interino de Lugo por uns meses.

Vítima colateral.

Cando se produce o golpe militar organizou a resistencia en Lugo con, entre outras persoas: Rafael de Vega Barrera e Jacinto Calvo López. Diante do fracaso, agochouse preto da súa casa natal e arrestárono o día 12/09/1936.

As circunstancias da morte do seu home son confusas. Segundo as fontes militares franquistas, morreu en Taramundi por mor dunha hemorraxia causada por un tiro. Descuberto o seu agocho, semella que o agardou a Garda Civil, ferírono cando tentou fuxir e morreu no Hospital de Lugo o día 25/09/1936.

Os represores desvalixaron o seu despacho de avogado.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha