← Volver atrás

Villaverde, Carmen

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionada. Exiliada

Nacemento:

Ordes
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada con Juan Penedo López, encarcerado; tiñan tres fillas e un fillo: María, Elvira, Manuel e Dolores. Veciños de Queis, Santa Cruz de Montaos, Ordes (A Coruña).

Sancionada. Exiliada.

O día 15/05/1945 na súa casa desenvolveuse un enfrontamento entre a Garda Civil e un grupo de tres guerrilleiros antifranquistas e o enlace de Manuel Ponte Pedreira, o mozo Manuel del Río Botana, que alí se acubillaban. No combate morreu Manuel del Río; o resto dos guerrilleiros lograron fuxir.

O seu home foxe e agóchase nos montes da zona e non se entregou, polo que as autoridades franquistas castigaron co desterro a Soria a Carmen e aos seus catro fillos.

Pasou o tempo e Juan Penedo entregouse á Garda Civil e ingresárono na Prisión Provincial da Coruña.

A súa familia puido volver a Ordes pero non lles quedaba nada e emigraron.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha