Nacemento:
Morte:
Moza de Manuel Coto Martínez; tiveron unha filla que Manuel xa non coñeceu: Manuela. Veciños de San Miguel de Marcón, Pontevedra (Pontevedra).
Exiliada.
Ao seu home obrigárono a alistarse no exército golpista e axiña se pasou ao bando leal; despois do remate da guerra conseguiu pasar a pé a Francia, onde o confinaron nos campos de refuxiados de Vernet e no campo de concentración de Judes, Septfonds (Tarn e Garona, Occitania, Francia). Manuel, máis tarde, incorporouse á 31ª Compañía de Traballadores Estranxeiros, capturárono os nazis logo da invasión de Francia no ano 1940, ingresárono no campo de exterminio de Bad Fallingbostel stalag XI-B (Baixa Saxonia, Alemaña); o día 27/01/1941 trasladárono ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria) e o día 20/10/1941 ao de Gusen (Austria), onde se rexistra a súa morte.
Matilde e a súa filla Manuela acabaron por marchar para a República Arxentina.
Matilde nunca soubo do destino do seu home. A súa filla Manuela soubo no ano 2009 da sorte do seu pai.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.