← Volver atrás

Fernández González, Valentín

Alcume: Víctor
Perfil histórico: Guerrilleiro

Datos persoais

Situación: Morte en enfrontamento

Nacemento:

Lugo
(Lugo)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Pedro de Filgueira de Barranca, Oza-Cesuras
(A Coruña)
- 28/02/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 24 anos. Casou coa asturiana Josefina Álvarez Suárez. Veciños de Lugo.

Militante comunista desde 1936.

Exiliado. Morte en enfrontamento.

No decurso da guerra civil foi miliciano antifascista voluntario e comandante da 100ª Brigada da 11ª División; formou parte do batallón de Milicias Populares Galegas.

Coa derrota da República pasou a Francia e ingresárono no campo de Le Barcarès. Despois pasou á Unión Soviética e combateu co exército ruso na II Guerra Mundial.

Regresou a Galicia no ano 1949 enviado polo PCE e formou parte do Comité Rexional que dirixía José-Ricardo Sevil Sevil.

Valentín finou no primeiro semestre de 1951 nun enfrontamento coa Garda Civil, xunto con Marcos Paradela Barros, en Cesuras. Levaba documentación falsa a nome de José García Castelo.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Filgueira de Barranca.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha