← Volver atrás

Rodríguez González, Eduardo

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar. Veciño de Pontevedra. Capitán da arma de Artillería.

Represor.

Cando se produce o golpe militar participou coas tropas golpistas na toma, o día 26 de xullo de 1936, da cidade de Tui (Pontevedra). Eran forzas de Artillería que mandaba o tenente coronel Antonio Durán Salgado e nas que se contaban os capitáns Antonio Carreró Vergés e Eduardo Rodríguez González.

A Eduardo Rodríguez, que mandaba a 6ª Batería do 15º Rexemento Mixto de Artillería Lixeira con base en Pontevedra, nomeárono comandante militar interino de Tui. Dirixiu a represión golpista na Louriña e no Baixo Miño. Como responsable da dita represión, entre os seus "méritos" están os de encadear aos líderes políticos, sindicais e agrarios da zona, a supresión de emprego e soldo do maxisterio, a imposición de multas ideolóxicas, a sanguinaria limpeza dos montes da contorna e a durísima maquinaria dos consellos de guerra tudenses con ducias de vítimas.

Entre os presidentes destes tribunais militares estiveron o dito tenente coronel Antonio Durán Salgado e, entre os fiscais, Ramón Rivero de Aguilar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha