← Volver atrás

Abad Rodríguez, Concepción

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

Valencia
- 16/11/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Habana
(Cuba)
- 30/09/1976 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 25 anos. Casada con José Gómez Gayoso.

Exiliada.

En 1937 ingresou no PCE. Traballou no Comité Central do PCE, onde coñeceu a José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López, con quen casou. Estiveron en Barcelona ata a caída desta cidade nas mans dos sediciosos e pasaron a Francia. Por recomendacións do partido, marcharon á República Dominicana e, o día 14/03/1940, á Habana (Cuba), onde naceu o seu único fillo.

Desde Cuba loitou pola liberación do seu home e doutros represaliados. A Gómez Gayoso executárono no Campo da Rata (A Coruña) o día 06/11/1948.

Co triunfo da revolución cubana en 1959 integrouse nas Milicias Nacionais Revolucionarias Cubanas e, en 1972, pasou a traballar na embaixada de Cuba en Madrid. Sentíndose mal de saúde, marchou de novo a Cuba, onde se rexistra a súa morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha