Nacemento:
Morte:
Militar, 24 anos. Casado con María Viqueira Lago, a Rañada, de 20 anos, un pouco antes de ser executado. Veciño da rúa Riveira, 10, en Betanzos. Mariño da Armada, cabo de artillería no Torpedeiro nº 2. Tiña tres irmáns (dous homes e unha muller).
Executado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar (suposta sedición da tripulación do Torpedeiro nº 2), na causa 65/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Executárono ás 06:00 h na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol.
Morte rexistrada ao ser pasado polas armas.
Soterrárono no cemiterio de Canido, en Ferrol.
A dotación implicárase nos feitos da Coruña nos días do golpe militar, cando se negaron a disparar o día 21/07/1936 para inmobilizar ao gardacostas Xauen, que mandaba o tenente de navío Eduardo Armada Sabau (golpista e, recuperado polos leais, mandou o cruceiro lixeiro Libertad). Despois desembarcaron á oficialidade do barco en Pontedeume (A Coruña), sen causarlles dano, e entregáronse aos militares sublevados do gardacostas Uad Martin, do que era comandante o tenente de navío Manuel Seijo López.
O día 24/09/1936 condenaron á pena capital, como promotores da sedición, a: Francisco-Cipriano Alonso Piñón, 39 anos, auxiliar de máquinas; José Linaza Anido, 25 anos, cabo de artillería; Manuel Allegue Regueiro, 34 anos, cabo de artillería, e Francisco Díaz Quelle, 32 anos, cabo de mariñeiría. Executaron aos catro, ás 06:00 h, na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol.
No mesmo procedemento castigaron a cadea perpetua a: Eugenio Higuera Gómez, 24 anos, cabo de radio; Antonio López Cegarra, 30 anos, cabo da Infantería de Mariña; Eulogio Naranjo Vega, 28 anos, sarxento de Infantería de Mariña; Ramón Suárez Rivadulla, 21 anos, mariñeiro de 1ª e José-María Vieites Losada, 33 anos, cabo fogueiro.
Condenaron a 20 anos de cadea por estes feitos a: Juan Couce Martínez, 29 anos, auxiliar de electricidade; Manuel Fernández Alonso, 34 anos, auxiliar de máquinas e Manuel Vázquez Ramos, 35 anos, mestre artilleiro.
Absolveron a: Manuel Aguiar Anido, 19 anos, mariñeiro de 1ª; Manuel Casanova Vázquez, 28 anos, fogueiro; Joaquín Jiménez Otero, 20 anos, fogueiro preferente; Vicente Leiro San Juan, 34 anos, fogueiro preferente; Juan Permuy Filgueira, 22 anos, mariñeiro e José Vázquez Herba, 34 anos, fogueiro preferente.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.