← Volver atrás

Armada Sabau, Eduardo

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar. Mariño da Armada, tenente de navío ao mando do gardacostas Xauen con base en Ferrol (A Coruña) cando se produce a sublevación militar.

Golpista.

A dotación do Torpedeiro nº 2 implicárase nos feitos da Coruña nos días do golpe militar, cando se negaron a disparar o día 21/07/1936 para inmobilizar ao gardacostas Xauen, que mandaba o tenente de navío Eduardo Armada Sabau.

Armada Sabau estaba do lado dos sublevados pero diante dos movementos da tripulación para manter o barco do lado republicano, detivérono e metérono co seu segundo nos seus respectivos camarotes. Os leais levaron o gardacostas a Málaga, onde o tiveron que afundir diante do acoso dos rebeldes.

Xulgado en consello de guerra polos republicanos no Xulgado Especial para a provincia de Murcia polo delito de intento de sublevación, do que de xeito inexplicable resultou son sentenza de sobresemento. Indalecio Prieto Tuero considerouno como recuperable.

Loitando xa para a República, nomeárono comandante do cruceiro lixeiro Libertad en febreiro de 1937, unha das mellores unidades da frota republicana.

Na batalla do Cabo de Palos, fronte ao cruceiro rebelde Baleares, aconsellou ao xefe da frota leal Luis-Felipe González de Ubieta González del Campillo a retirada a Cartagena para preservar o barco. Foi o Lepanto, mandado por un comunista, quen afundiu o Baleares.

Moitos mandos da Armada republicana, simpatizantes dos sediciosos, secundaron moitas accións para que fracasaran os combates no mar contra os golpistas; Armada Sabau foi un deles.

Comandante do destrutor Jorge Juan, que conduciu a Bizerta en marzo de 1939. Estaba comprometido coa conspiración que deu lugar á sublevación en Cartagena do 4 ao 5 de marzo.

Retirouse como capitán de corveta da Armada franquista.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha