← Volver atrás

Almoina Mateos, José

Alcume: Pepe
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Lugo
- 21/06/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 04/05/1960 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, escritor e político, 33 anos. Casou en Benavente (Zamora) en outubro de 1932 coa mestra Pilar Fidalgo Carasa. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e licenciou en 1930. Funcionario de Correos en Benavente. En 1933 trasladárono como represalia política a Alcaudete (Xaén), onde permaneceu ata o triunfo da Fronte Popular (FP).

Militante do PSOE.

Membro dunha loxa masónica.

Compromisario para a elección do presidente da República, Manuel Azaña Díaz, en abril de 1936 pola provincia de Zamora.

Exiliado.

Despois do golpe de Estado pasou ao Principado de Asturias e os fascistas prenderon á súa dona, a que logo intercambiaron por un xeneral franquista en xullo de 1937.

Coa súa muller conseguen pasar a Francia e, o día 7 de novembro de 1939, exiliáronse na República Dominicana, onde exerceu de profesor na Escola Diplomática e Consular e desenvolveuse como catedrático na Universidade de Santo Domingo. Tamén exerceu de secretario particular do presidente da República Dominicana Rafael Leónidas Trujillo; logo, enfrontado con este mandatario, exiliouse en México.

Asasinado en México por sicarios trujillistas cando volvía da misa; atropelárono nunha rúa de Mexico mentres esperaba o bus. Do coche baixaron dous pistoleiros que o cribaron a tiros.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha