← Volver atrás

Alonso González, Consuelo

Alcume: a Comunista
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executada. Sancionada

Nacemento:

Xixón
(Principado de Asturias)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 13/05/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Vendedora de xornais, 38 anos. Casada con Ángel Pérez Muñoz, alguacil do Xulgado de Monforte de Lemos (Lugo); tiveron catro fillos. Veciños da rúa Abelardo Basante, 24, en Monforte de Lemos, onde chegaran en novembro de 1930 cando destinaran alí ao seu home.

O matrimonio sufriu represalias polas súas ideas políticas durante o Bienio Negro da II República; a Consuelo prendérona e a Ángel abríronlle un expediente por desacato.

Militante do PCE.

Executada. Sancionada.

Despois do golpe militar sufriu abusos por parte dos falanxistas, que a detiveron, castigaron e raparon a cabeza. Acusárona de facer propaganda da Fronte Popular (FP). Denunciárona un xefe da milicia de Falanxe e dúas mulleres, unha delas casada cun home que substituiría a Ángel Pérez como alguacil; acusárona de ter ideas comunistas, de manifestar alegría pola morte de José Calvo Sotelo e de Emilio Mola Vidal, de escoitar emisoras republicanas, de comentar noticias desfavorables aos sublevados e de recibir axuda do Socorro Rojo Internacional (SRI).

Ingresada na Prisión Provincial de Monforte de Lemos o día 29/12/1937. Trasladárona a Lugo o 09/02/1938 para sometela a xuízo.

Xulgada en consello de guerra en Lugo o día 14/02/1938 polo delito de rebelión militar con agravante, na causa 4/38, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 21/02/1938.

Os golpistas cualificárona de “peligrosísima, indeseable y perniciosa”.

Fusilárona os golpistas ás 06:00 h nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo.

Morte rexistrada en Lugo por mor de feridas mortais na cabeza.

Foi a única muller executada en Lugo nesta funesta época.

En 1937 tamén lle iniciaron un expediente por responsabilidades políticas e condenárona en xullo de 1941 polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña a unha sanción de 100 pesetas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha