Nacemento:
Morte:
Militar e político, 47 anos. Casou en 1924 con Ramona Rodríguez Bustelo. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo no ano 1907. Amigo íntimo de Francisco Franco Bahamonde, do que era compañeiro de promoción. Veterano da Guerra de Marrocos.
Participou na represión da revolución de outubro de 1934 no Principado de Asturias.
Golpista.
Participou no golpe dos militares rebeldes e dirixiu a sublevación en Araba, onde era coronel-xefe do Batallón de Artillería de Montaña Flandes nº 5 con sede en Vitoria. Mandou, xa como coronel e desde novembro de 1937, a 4ª División de Navarra, participando en algunhas das máis importantes batallas da guerra (Teruel, Aragón, Levante, Ebro e Cataluña). Ascendérono a xeneral de brigada.
Despois de rematar a guerra, xa xeneral, no ano 1940 nomeárono subsecretario no Ministerio do Exército, adicándose á supervisión dos campos de concentración franquistas. En xullo de 1943 acadou a Dirección Xeral da Garda Civil como simpatizante que era de Franco; neste cargo emprendeu unha dura campaña de represión contra o maquis e os opositores franquistas. Mantívose na Dirección Xeral da Garda Civil ata 1955. Famoso pola súa dureza na xestión e pola súa obstinación, coñecíano popularmente como "Don Camulo".
A Lei de Fugas, xa aplicada en Cuba e Filipinas, acadou no trienio 1947/1949 outra época de "gloria" e, nas mans de Alonso Vega, superou incluso as expectativas que nela depositara o xeneral Severiano Martínez Anido, xa que o seu discípulo Alonso Vega sacoulle todo o partido.
Foi un dos principais colaboradores do Goberno de Franco e unha persoa da maior importancia na represión dentro do bando rebelde. De 1957 a 1969, cando cesou xa con 80 anos, exerceu de ministro de Gobernación.
Considerouse no seu momento que era membro do Opus Dei.
Acadou o grao de capitán xeral do Exército en 1969.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.