Nacemento:
Morte:
Arquitecto, 28 anos. Casou o día 05/10/1935 con Eulalia de Urcola. Veciños de Madrid. Licenciouse en Arquitectura en Madrid no ano 1935. Irmán de Pedro Álvarez de Sotomayor Castro, tamén falanxista.
Falanxista madrileño.
Colaboracionista.
Xefe de Falanxe Española (FE) no distrito madrileño de Palacio, atopábase nesa cidade cando se produce a sublevación; prendérono, conseguiu pasar á zona sublevada, chegando á Coruña en novembro de 1936.
Membro destacado da FE coruñesa, ocupou o cargo de xefe provincial de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) da provincia da Coruña, ata que o relevou o seu amigo Gerardo Salvador Merino, do que sería segundo de abordo.
Tomou parte na Guerra Civil Española e acadou o grao de tenente provisorio de Artillería.
Sobreviviu ao naufraxio do buque de transporte de guerra Castillo de Olite, afundido pola batería de costa La Parajola, situada no monte Galera, en Cartagena (Murcia), o día 07/03/1939. Dos 2112 tripulantes, case que todos galegos, morreron 1476, feríronse 342 e prenderon a 294.
En 1941 asumiu accidentalmente a dirección dos Sindicatos Verticais. Amigo de Gerardo Salvador Merino, inhabilitárono o día 30/09/1941 por dous anos para exercer cargos de mando e confianza no momento no que Gerardo Salvador tamén resultara defenestrado.
Despois da caída no ostracismo político centrouse na súa carreira de arquitecto.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.