← Volver atrás

Salvador Merino, Gerardo

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista

Nacemento:

Herrera de Pisuerga
(Palencia)
- 08/09/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barcelona
- 31/07/1971 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Notario e político, 25 anos. Casou con María-Fermina Coderch de Sentmenat (Barcelona). Irmán de José-María Salvador Merino, represor.

Desde mozo militou no PSOE.

Nos primeiro anos da II República afiliouse á UXT. En maio de 1933 un atentado contra o seu pai, alcalde e militante da Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA), que implicou a morte, como vítima colateral, da súa nai o que marcou o seu futuro político.

Trasladouse a Madrid para estudar Dereito na Universidade Central e a finais de 1933 coñeceu a José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia, co que trabou amizade e afiliouse a Falanxe Española (FE) en xaneiro de 1934. Despois de rematar a carreira de Dereito en 1935 acadou a praza de notario nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña), onde asumiu a xefatura local de Falanxe.

Colaboracionista.

Despois do inicio da guerra civil combateu cos golpistas na fronte do Principado de Asturias e ferírono un par de veces.

En novembro de 1937 Manuel Hedilla Larrey nomeouno xefe provincial de Falanxe na Coruña. En Galicia mantivo estreita amizade con Germán Álvarez de Sotomayor Castro. Cesárono por mor dunhas manifestacións e volveu á fronte de guerra e sobreviviu ao afundimento do Castillo de Olite.

O día 09/09/1939 nomeárono delegado nacional do Servizo de Sindicatos e adicouse a crear unha estrutura administrativa para os sindicatos. A súa retórica populista e revolucionaria levouno a ter enfrontamentos con dirixentes franquistas, entre eles Ramón Serrano Suñer. Membro do Consello Nacional de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS). Defensor da autonomía sindical fronte ao Movimiento.

Moitos dirixentes franquistas tíñano enfrontado como un fascista subversivo. Simpatizante da Alemaña nazi, destacou nas relacións que se realizaron entre os dous países. Viaxou a Alemaña e os seus detractores acusárono de viaxar para acada apoios para un golpe de Estado, polo que en setembro de 1941 defenestrárono da dirección dos Sindicatos Verticais. O xeneral Andrés Saliquet Zumeta era inimigo confeso de Salvador Merino e foi quen revelou o seu pasado masón.

O proceso na súa contra comezou en xullo de 1941 e Álvarez de Sotomayor, o seu segundo na dirección sindical, asumiu o mando. En setembro de 1941 Gerardo solicitoulle a Ramón Serrano Suñer que aceptara a súa dimisión.

O día 30/10/1941 o Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo condenouno a 12 anos e un día de prisión; esta pena conmutoulla o Consello de Ministros pola de seis anos de exilio interior.

Expulsárono do partido falanxista e confinárono nas Illas Baleares.

Adicouse aos negocios e chegou a ser nas décadas dos sesenta e setenta xerente de Motor Ibérica, S.A.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.