← Volver atrás

Álvarez Moscoso, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Santa Cruz de Mera, San Xián de Serantes, Oleiros
(A Coruña)
- 19/03/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Camposancos, A Guarda
(Pontevedra)
- 20/07/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 30 anos. Casado con Josefa García Fernández; tiñan unha filla de dous anos (Antonia) e a súa dona quedaba en estado do que sería Francisco Álvarez García, Paco Mivida. Veciños de Xixón (Principado de Asturias). Mariño da Mercante.

Militante do PCE. Pertencía ao Sindicato de Mariñeiros de Xixón, da CNT, do que foi secretario.

Executado.

Loitou no exército republicano durante a guerra civil e foi cabo e comisario político dun batallón de Sanidade do Exército do Norte.

Prendérona as forzas franquistas do minador Júpiter no vapor Mont Seny o día 20/10/1937 e conducírono ao porto de Ribadeo (Lugo).

Internárono en Camposancos.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo, o día 22/06/1938, no campo de concentración de Camposancos co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado nas inmediacións do cemiterio de Sestás en Camposancos, onde o soterraron nunha fosa común.

Morte rexistrada por mor dunha hemorraxia interna producida por tres feridas de arma de fogo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha