← Volver atrás

García Fernández, Josefa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

San Xián de Serantes, Oleiros
(A Coruña)
- 04/06/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/2011 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 22 anos. Casou en Xixón (Principado de Asturias) co mariñeiro Francisco Álvarez Moscoso; tiñan unha filla (Antonia) de dous anos e ela quedaba en estado (Francisco). Veciños de Xixón. O seu home era mariño da Mercante, militante do PCE e pertencía ao Sindicato de Mariñeiros de Xixón, da CNT, do que foi secretario.

Vítima colateral.

Francisco loitou no exército republicano durante a guerra civil e foi comisario político dun batallón de Sanidade, prendérona as forzas franquistas do minador Júpiter no vapor Mont Seny o día 20/10/1937; internárono e xulgárono en Camposancos, condenárono á pena de morte e fusilárono o 20/07/1938.

Josefa quedaba viúva cunha filla e en estado dun neno, que naceu en 1939, Francisco Álvarez García, Paco Mivida.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha