← Volver atrás

Amado Hermida, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Santa Mariña de Vilachambre, Baralla
(Lugo)
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Propietario e político, 44 anos. Casou con Concepción Hervella Goyanes. Veciños de Santa Mariña de Vilachambre. No ano 1925 aprobou as oposicións para secretarios municipais.

Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja e na II República foi alcalde de Neira de Xusá (anexada a Baralla desde 1975).

Encarcerado. Sancionado.

Despois de que se producira o golpe de Estado detivérono o día 01/08/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 908/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio e multa de 10.000 pesetas segundo resolución do 28/11/1936; puxérono a disposición do Goberno Civil de Lugo.

Ingresado no depósito de Becerreá o día 01/08/1936 e, cando estaba a piques de que o pasearan, trasladárono á Prisión Provincial de Lugo.

Puxérono en liberdade o día 22/10/1938.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha