Nacemento:
Morte:
Carpinteiro, sindicalista e político, 30 anos. Veciño de Santiago de Compostela.
Anarcosindicalista. Asesor dos sindicatos de Santiago de Compostela no primeiro bienio republicano. Líder do ramo da construción da CNT na Coruña durante a preparación do movemento revolucionario do día 08/12/1933, detívoo a Garda Civil; ao saír do cárcere adicouse á propaganda dos postulados da Federación Anarquista Ibérica (FAI) que propugnaban a revolución. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.
Prendérono de novo na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, pasou un ano na cadea.
En xullo de 1936 participou na Coruña no Pleno Nacional como delegado do Sindicato de Transportes e alí sorprendeuno o golpe de Estado.
Fuxido. Encarcerado.
Manuel figura, con outros, nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Consegue fuxir a Madrid, que estaba sitiado polos rebeldes, e foi secretario de La Unión de Transportes, vencellada á CNT. En 1939 era membro do Comité Nacional de Defensa da CNT.
Ao remate da guerra, cando colaboraba en Alacante na organización da evacuación das persoas das esquerdas, prendérono os fascistas no porto, internárono no campo de concentración de Albatera (Alacante) e, despois dun tempo, trasladárono a Madrid en 1940.
Xulgado en consello de guerra en Madrid, na causa 609/42, co resultado de sentenza a 15 anos de cadea.
Interno no cárcere de Yeserías, saíu en liberdade no ano 1941.
Foi o verdadeiro home forte da CNT en España entre 1941 e 1944.
O día 25/12/1944 prendérono en Barcelona cando tentaba pasar a Francia como informador das organizacións libertarias no exilio. Trasladado a Madrid, xulgárono e condenouno un tribunal militar a 15 anos de cadea; trasladado aos destacamentos penais que traballaban forzosamente no Val dos Caídos. Foxe o 08/05/1948 con Nicolás Sánchez-Albornoz Aboín e Manuel Lamana.
Prendido de novo, enviárono ao penal de El Dueso, do que o excarcelaron en agosto de 1956.
Volveu á casa da súa irmá en Santiago de Compostela e despois pasou a Pontevedra, onde traballa de albanel e localidade na que morre esquecido de todos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.