← Volver atrás

Lamana, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Madrid
- 01/01/1922 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1996 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Escritor e novelista, 14 anos.

Encarcerado. Fuxido. Exiliado.

En 1939, ao rematar a guerra civil, cruzou a fronteira cara Francia coa súa nai e os dous irmáns máis pequenos, pasou dous anos en campos de concentración; o seu irmán maior caera preso dos fascistas na Batalla do Ebro.

En 1941 regresou a España e participou nos movementos estudantís de oposición ao Réxime.

No ano 1947, con Nicolás Sánchez-Albornoz Aboín, condenárono a seis anos de prisión polo intento de reconstrución da Federación Universitaria Escolar (FUE).

Castigárono a traballos forzados no Val dos Caídos (Madrid), de onde escapou en 1948 nunha fuga preparada polos seus camaradas da FUE desde París, con Sánchez-Albornoz e Manuel Amil Barcia.

Exiliado en Francia, en Inglaterra e, tempo andado, pasou á República Arxentina en 1948, onde exerceu de profesor universitario en Tucumán e Bos Aires, cidade na que finou.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha