← Volver atrás

Angulo Rupérez, Marcelino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Soria
- 01/01/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 24/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Camareiro, 39 anos. Veciño da rúa Atocha Alta, 24-2º, na Coruña.

Militante da CNT. Secretario en 1932 e 1933 do Sindicato de Camareiros Terrestres, vencellado á CNT. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL).

Executado.

Detido e ingresado na Prisión Provincial da Coruña.

Logo de que o feriran nos enfrontamentos armados vencellados ao golpe na Coruña, permaneceu baixo vixilancia policial no hospital e sometérono a xuízo.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 581/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O tribunal condenou á pena de morte a Marcelino Angulo Rupérez e Juan-José Martínez Corral; condenaron a cadea perpetua a Francisco Trujillo Fernández; ditaron autos de sobresemento para: Adelardo Castillo García e Secundino-Dionisio Vilas Romero.

Fusilado na Coruña co soldado de quinta Juan-José Martínez Corral.

Soterrárono no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha