← Volver atrás

Martínez Corral, Juan-José

Alcume: Valcarría
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 24/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro e xornaleiro, 27 anos. Casado. Veciño de Viveiro. No ano 1936 facía o servizo militar como soldado pola súa quinta na Coruña.

Militante do Sindicato Mineiro das minas de ferro da Silvarosa, San Xoán de Covas, Viveiro, da CNT.

Executado.

Estaba na Coruña facendo o servizo militar cando se produce o movemento sedicioso e ferírono de dous tiros nos enfrontamentos armados o día 21/07/1936. Cando o deron de alta volveu para Viveiro.

Prendérono en setembro de 1936 e ingresárono no depósito de Viveiro o día 18/09/1936 e trasladárono despois á Prisión Provincial de Lugo.

Trasladárono a Prisión Provincial da Coruña o día 27/09/1936.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar e tenencia de explosivos, na causa 581/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O tribunal condenou á pena de morte a Marcelino Angulo Rupérez e Juan-José Martínez Corral; condenaron a cadea perpetua a Francisco Trujillo Fernández; ditaron autos de sobresemento para: Adelardo Castillo García e Secundino-Dionisio Vilas Romero.

Executado na Coruña con Marcelino Angulo Rupérez; pasáronos os franquistas polas armas.

Soterrárono o día 24 de novembro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha