← Volver atrás

Arango Alonso, Benigno

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado.

Nacemento:

Santianes, Pravia
(Principado de Asturias)
- 24/03/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
(Madrid)
- 01/01/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e escritor, 53 anos. Casou con Luz Villamil Valledor, da que se separou para unirse a Paz Rivera Martínez, viúva. Veciños de Oviedo (Principado de Asturias). Estudou Maxisterio e, no ano 1909, licenciou en Dereito na Universidade de Oviedo. Oficial do Goberno Civil asturiano, en febreiro de 1935 nomeárono secretario do gobernador civil.

Exerceu o xornalismo nos xornais El Carbayón, La Voz de Asturias e El Noroeste.

Desenvolveuse como avogado defensor dos procesados pola folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Certas fontes acúsano de advenedizo, acomodaticio e servil segundo quen detentara en cada momento o poder. Uns acusárono de anarquista e outros de ser das dereitas.

Mantiña amizade con Antonio Aranda Mata, comandante militar do Principado de Asturias, quen se uniría aos golpistas.

Encarcerado. Depurado.

Cando se produce o golpe militar mantivo unha postura contraria á entrega de armas ás milicias obreiras e ao traslado destas na defensa da República en Madrid. Debemos ter en conta, que nos primeiros momentos da sublevación, esa era a posición do goberno de Santiago Casares Quiroga. Algúns acusárono de ser simpatizante pasivo da rebelión.

Os franquistas internárono na Prisión Provincial de Oviedo o 30/07/1936.

Xulgado en consello de guerra en Oviedo polo delito de auxilio á rebelión. Xulgárono, entre outros, co recente gobernador civil (dúas semanas), o aragonés Isidro Liarte Lausín. A Lausín condenárono á pena de morte (fusilado o 23/12/1936) e a Arando a 12 anos e un día de cadea e 500.000 pesetas de sanción.

Os franquistas internárono na Prisión Provincial de Lugo o 08/03/1937 e trasladárono á Prisión Provincial da Coruña o 13/03/1937. Deixárono libre nesta última cadea o día 17/10/1940 e publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 295 do 21/10/1940.

Semella que a súa amizade co coronel golpista Aranda Mata librouno do fusilamento.

Depurárono e cesárono como funcionario do Goberno Civil en abril de 1938.

No ano 1943 residía en Barcelona e, en 1945, prodúcese o seu pasamento en Madrid por mor dunha colite.

 

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.