Nacemento:
Morte:
Canteiro e político, 23 anos. Fillo de Francisco Arca Valiñas, paseado. Pai e fillo tiveran enfrontamentos co cura de San Martiño de Figueroa, Manuel López Vizcaíno, en abril de 1935 e quedaron marcados polos falanxistas de Cerdedo. En marzo de 1936 pasou a traballar a Madrid cun grupo de canteiros, albaneis, mamposteiros e carpinteiros da Terra de Montes.
Uniuse ao Sindicato Único da Construción de Madrid; tamén pertencía á sociedade El Trabajo de San Martiño de Figueroa, Cerdedo.
Encarcerado.
Combateu no Exército Popular republicano no 33º Grupo da Columna Confederal, co que loitou en Somosierra (Madrid) e na Serra de Gredos; o día 30/09/1936 tiveron que retirarse de Casavieja (Ávila). Residindo en Madrid, en outubro de 1936 o seu destacamento pasou a converterse na 39ª Brigada Mixta, 5ª División do VI Corpo de Exército do Exército do Centro; loitaron na fronte de Aragón. A primeiros de 1938 integrouse no V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro, que mandaba Enrique Liste Forján, Enrique Líster, ao lado do que combateu en Guadalaxara e Teruel; ascendeu a cabo. Pasou despois ao Batallón Divisionario de Metralladoras da 5ª División na que loitou ata o día 29/03/1939, cando tiveron que renderse en Camarena (Toledo).
Preso dos franquistas no campo de concentración de Teruel e nun batallón disciplinario de traballadores en Lugo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.