← Volver atrás

Arenosa Rodríguez, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 20/11/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ponteareas
(Pontevedra)
- 13/05/2014 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico, 29 anos. Casou con Celia, 16 anos maior ca el, o día 23/03/1933; tiveron unha filla: Celia. Veciños de Vigo. Era o maior de sete irmáns. Obreiro naval en Astillero Barreras e logo en Avelino Iglesias como mestre axustador.

Militante do PSOE desde 1931 e da UXT desde 1923. Secretario do Sindicato do Metal.

Fuxido. Encarcerado.

Cando se produce o golpe de Estado combateu nas barricadas da Porta do Sol, en Vigo, contra dos sublevados e onde o feriron cando tentaba quitarlle a arma ao capitán Antonio Carreró Vergés, que estaba ao mando da tropa que colocaba o bando de guerra na cidade.

Despois mantívose agochado dous anos nunha casa particular e logo na súa no Camiño de Catabois, en Vigo. Denunciado por un veciño, prendérono e ás dúas semanas enviárono á Coruña e logo a Melilla.

Ao remate da guerra civil repatriárono para Galicia e traballou na Compañía de Tranvías.

Antonio foi avó de Galicia e morreu aos 107 anos na residencia da terceira idade de Santa Ana de Ponteareas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha