Nacemento:
Morte:
Tendeiro, ferreiro e político. Veciño de Formariz. Tiña unha pequena tenda en Vilar de Mouros, Cabalar. Irmán de Evaristo Arnoso Calvo, tamén colaboracionista e axustizado pola guerrilla antifranquista.
Co triunfo da Fronte Popular (FP) foi concelleiro e elixírono alcalde da Capela en febreiro de 1936.
Colaboracionista. Axustizado.
Proceso aberto en Ferrol (A Coruña) por auxilio á rebelión, causa 159/38, co resultado de sentenza de sobresemento.
Acusado polo cura de Santiago da Capela, Baldomero Roibal Paz, que o seguía a ter por roxo. O xuízo contra Andrés rematou sobresido en abril de 1938.
O Valerio non tardou en mudar de chaqueta e converteuse nun dilixente colaborador e informador da Garda Civil e amigo do garda José Torres Santiso, comandante do posto de Fene (A Coruña).
Os fuxidos acusárono de colaborar na represión e de delatar a Juan-José Teijeiro Leira, o Mazicos, e ao artilleiro Jesús Plana Rodríguez, colaborando co seu grupo na súa detención o día 24/03/1937; tamén participou nestes feitos o seu irmán Evaristo e o grupo falanxista de José Pereira López. Participou na represión contra Constantino Bouza Pereira.
Finou axustizado pola guerrilla antifranquista o día 10/03/1939, cinco días despois da morte de Constantino. O día anterior os guerrilleiros perseguírano e ferírano en Vilar de Mouros; Torres Santiso ordenou que o levaran ao Hospital de Mariña de Ferrol, onde morreu aos tres días.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.