← Volver atrás

Bouza Pereira, Constantino

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Horta, San Vicente de Regoela, Cabanas
(A Coruña)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Monte de Cabalar, Santa María de Cabalar, A Capela
(A Coruña)
- 02/03/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político, 25 anos. Veciño de Horta. Irmán de Jesús Bouza Pereira, paseado e fusilado en 1936; de Vicente Bouza Pereira, encarcerado, e de José Bouza Pereira, encarcerado. Irmán de Maruja Bouza Pereira, que recibiu malleiras da Garda Civil para que delatara o agocho dos seus irmáns e doutros fuxidos da zona. A un tío seu deportárono a León.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Andou fuxido polo monte desde 1936 e integrouse na resistencia antifranquista. Pertenceu ao grupo de Amador Barcia Fernández, Xicos.

Morte rexistrada na Capela a causa dunha hemorraxia interna ocasionada por ferida de arma de fogo.

Delatouno Andrés Arnoso Calvo e finou abatido polos disparos da Garda Civil no Monte de Cabalar, nun asalto a un campamento da guerrilla; prendérono e executárono nese mesmo lugar. Outros tres fuxidos, coa axuda dos veciños, conseguiron fuxir da redada.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha