Nacemento:
Morte:
Axente comercial, comisionista e político, 56 anos. Casado con Amparo Casal Franco; tiveron un fillo: Fernando. Veciños da rúa San Agustín, 18, na Coruña.
Fundador e presidente da Federación de Axentes de Comercio e Industria, Sección da Coruña, vencellada á UXT. Delegado no congreso da Federación Local Obreira (FLO) do día 12/04/1936. Presidente da Agrupación Socialista (AS) da Coruña en 1932 e secretario de actas en xaneiro de 1936. O día 12/04/1936 representou ao seu sindicato no congreso da FLO e ese mesmo mes designárono compromisario polo PSOE da Coruña para a elección do Presidente da República Manuel Azaña Díaz.
Correspondente de El Pueblo Gallego en Sada (A Coruña). Promotor en 1930 do xornal Adelante.
Pertencía á loxa masónica Renacemento Masónico nº 18 da Coruña.
Detido pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
A finais de abril de 1936 era delegado do gobernador civil no partido xudicial de Pontedeume (A Coruña).
Encarcerado. Exiliado.
Fernando figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Despois do golpe rebelde prendérono os fascistas o día 06/08/1936, puxérono en liberdade e autorizárono a embarcar cara A Habana (Cuba) o día 8 dese mesmo mes.
O Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo procesouno en rebeldía e condenouno a 12 anos de cadea.
Un informe policial do día 16/04/1937 dao como morto en Sada; outro informe posterior da Garda Civil indica que está fuxido en América.
Exiliado nos Estados Unidos e Cuba, regresou a España en 1950. Finou nos anos cincuenta.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.