Nacemento:
Morte:
Funcionario, 31 anos. Casou en 1928 con Juana Martínez Carreró, curmán do capitán golpista Antonio Carreró Vergés. Veciños de Vigo (Pontevedra). Mestre e ex-seminarista. Oficial técnico do Corpo de Telégrafos na capital viguesa desde 1925.
Na II República apoiou ao Partido Republicano Radical (PRR), aos centristas e aos socialistas, sin militancia en ningún destes grupos políticos. Logo sería Camisa Vella dos falanxistas.
Pertenceu ao Sindicato de Telecomunicacións.
Organizador da 1ª Volta Ciclista a Galicia, quedouse cos cartos recadados e non pagou a ninguén.
Colaboracionista.
O seu parentesco co capitán Cerveró semella que o involucrou nos preparativos previos á saída dos militares rebeldes ás rúas viguesas.
Participou co seu curmán político, desde o primeiro momento, nos episodios de “limpeza, pacificación e control”.
Manuel Hedilla Larrey encargouno, con outros, da organización falanxista na súa cidade. Desenvolveu a xefatura de Falanxe en Santa Cristina de Lavadores, Vigo.
Foi cruel co bando dos vencidos, detivo a moitos republicanos (inclusive compañeiros) no momento do golpe de Estado, participou na represión física e cometeu atropelos coas xentes das esquerdas, “misión que realicei cumpridamente” chegou a manifestar. Gañouse o odio de moita xente. A propia Falanxe acusouno de realizar negocios inmorais.
Expulsárono de Falanxe en xullo de 1937 e reingresou en xullo de 1941.
No ano 1943 a Fiscalía de Taxas sancionouno cunha multa de 5000 pesetas por tráfico ilegal de azucre. Tamén actuou de forma atentatoria contra da propia Falanxe con numerosos escritos de queixas de que o tiñan perseguido e desamparado dentro deste partido.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.