Nacemento:
Morte:
Xastre, 25 anos. Veciño de Santiago de Reigosa, A Pastoriza.
Falanxista da Pastoriza.
Represor.
Miliciano da Falanxe da Pastoriza, que dirixía Baltasar Pérez, o Vinculeiro.
Actuou como represor en Ribadeo, A Pontenova, A Veiga, todas da provincia de Lugo, e en Ibias (Principado de Asturias). Adicouse ao asasinato de varios demócratas, á extorsión e aos roubos na compañía, polo menos, de José Fole Cordero, Manuel Fole Torrón, Divino Folgueiras López, Ángel Gómez Iglesias e José López Fernández.
O día 03/09/1936 asasinaron a Hipólito Veiga Novo.
O día 05/10/1936, como xefe das patrullas de Falanxe en Ibias, con outros descastados falanxistas, detiveron en San Martiño de Suarna, A Fonsagrada (Lugo), a José Valledor e a Antonio Álvarez Gómez; a este último asasinárono en Pena, Negueira de Muñiz (Lugo). A esta morte seguiron outras execucións de esquerdistas na Terra Chá luguesa. Tamén se adicou á venda dos obxectos persoais das súas vítimas.
O Tribunal Militar Territorial de Lugo abriu a causa 1175/36 polo pasamento de Álvarez Gómez co resultado de sobresemento provisorio.
Por tan “meritorios” actos os fascistas recompensárono cun posto na garda municipal de Lugo, onde se significou polas prácticas arbitrarias, os abusos de poder e os tratos de favor nas xestións das sancións de tráfico.
No ano 1965 acertou unha quiniela millonaria.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.