← Volver atrás

Gómez Iglesias, Ángel

Alcume: Angelito
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vilar de Barrio
(Ourense)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Obreiro, 32 anos. Casado; tiñan oito fillos. Veciño de Santa Cruz de Prado, Vilar de Barrio. Obreiro do ferrocarril.

Presidente da Sociedade de Oficios Varios e Obreiros do Ferrocarril e da Sociedade Labrega de Prado.

Fuxido. Encarcerado.

Integrouse nas columnas de obreiros do ferrocarril que fixeron fronte aos sublevados na zona de Maceda, Foncuberta, Baños de Molgas, Bóveda e Vilar de Barrio, na provincia de Ourense.

Despois foxe a Portugal, onde permanece uns tres anos. Entregouse ás novas autoridades franquistas en xuño de 1939, despois de que os fascistas prenderan a dous dos seus irmáns e á súa nai.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Ourense polo delito de auxilio á rebelión, na causa 394/40, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Pena ordinaria conmutada pola de 12 anos de reclusión maior.

Arrestárono de novo no ano 1949.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio a bandoleiros, na causa 185/49, co resultado de sentenza a un ano de cadea.

Neste xuízo procesaron a moitas persoas e, entre elas, condenaron a dous anos de cadea a Ángela Sampedro Piñeiro; pena de un ano de cadea para Ángel Gómez Iglesias e ditaron auto de sobresemento para Julio Pérez Cid.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña no ano 1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha