← Volver atrás

Sampedro Piñeiro, Ángela

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Pazos, Santa María de Codosedo, Sarreaus
(Ourense)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Traballo na casa, 31 anos. Segunda muller do guerrilleiro antifranquista Juan Sorga Rodríguez, co que casou en Pazos; tiveron dous fillos, un deles, Juan, nado en 1948. Veciña de Pazos.

Encarcerada.

O seu home pertenceu á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) e exiliouse en Francia.

Por mor das actividades do seu home detivérona en varias ocasións, procesárona en polo menos dous consellos de guerra e condenárona á cadea.

Recibiu malleiras, abusos sexuais e castigos no cárcere de Sandiás (Ourense), na que a ingresaran o 30/04/1949. Chegou a tentar suicidarse en maio de 1949 mediante auto-lesións que se fixo cunha navalla e para escapar das duras torturas da brigadilla da Garda Civil especializada na loita antiterrorista.

Xulgada en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio a bandoleiros, na causa 185/49, co resultado de sentenza a oito meses de prisión menor. O fiscal pedira a pena de cinco anos.

Neste xuízo procesaron a moitas persoas e, entre elas, condenaron oito meses a Ángela Sampedro Piñeiro; pena de un ano de cadea para Ángel Gómez Iglesias e ditaron auto de sobresemento para Julio Pérez Cid.

Interna na Prisión Provincial de Ourense de abril de 1939 ao 29 decembro de 1949, data na que a deixaron en liberdade.

A súa condena revisouse en xaneiro de 1950, condenárona a dous anos e prendérona o 23/01/1950; indultárona o día 10/04/1950.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha