← Volver atrás

Barral Otero, Jacobo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

O Grove
(Pontevedra)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 15/12/1996 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 30 anos. Solteiro. Veciño da rúa Corgo, 68, no Grove. Mestre de 1ª Ensinanza. Sobriño do ex-alcalde Jacobo Otero Goday, encarcerado.

Durante a II República foi correspondente de El Pueblo Gallego no Grove.

Presidente do Grupo Local do Partido Galeguista (PG) e alcalde do Grove desde finais de xuño de 1936.

Encarcerado. Depurado.

Despois de que se producira o golpe dos sublevados o alcalde Jacobo Barral Otero presentouse o día 19 de xullo no cuartel da Garda Civil co delegado do gobernador, Manuel Puente Iglesias, e con Miguel Mandías Merino; ocuparon oito revólveres que entregaron a xentes de esquerdas; o día 25 de xullo O Grove cae nas mans dos golpistas. Ao alcalde prendérono.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 17/11/1936 polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do 17/11/1936.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua.

Neste procedemento xulgaron a: Jacobo Barral Otero, mestre; Ángel Cadavid Caamaño, médico; Jacobo Otero Goday, médico; Miguel Mandías Merino, pintor; José Prol Figueiro, mariñeiro, e Manuel Puente Iglesias, funcionario.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

O día 08/02/1937 internárono no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra).

Trasladado á Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) o día 16/02/1939.

Pena conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Posto en prisión atenuada o día 10/08/1940.

Estableceuse na Coruña, onde casou.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha