← Volver atrás

Otero Goday, Jacobo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Barrio de Lordelo, O Grove
(Pontevedra)
- 01/01/1884 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Grove
- 27/06/1964 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 52 anos. Solteiro. Veciño do Grove, onde se desenvolveu como médico. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Era o gran valedor dos veciños sen recursos.

Alcalde do Grove de 1913 a 1921. Durante a II República presidiu o Partido Republicano Galego (PRG) no Grove e, despois, pasouse a Esquerda Republicana (ER). Era o principal referente local da Fronte Popular (FP). Tío de Jacobo Barral Otero, quen era alcalde do Grove no ano 1936.

Encarcerado.

Despois do golpe de Estado prendérono os fascistas nos primeiros días de agosto de 1936 e internárono na Prisión Provincial de Pontevedra, o día 16/11/1936, por atopar no rexistro da súa casa armas de fogo, que non eran outra que escopetas de caza da súa longa familia.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 17/11/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste procedemento xulgaron a: Jacobo Barral Otero, mestre; Ángel Cadavid Caamaño, médico; Jacobo Otero Goday, médico; Miguel Mandías Merino, pintor; José Prol Figueiro, mariñeiro, e Manuel Puente Iglesias, funcionario.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua.

Ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 08/02/1937.

Enviado á Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) o 16/02/1939.

Puxérono en liberdade vixiada a primeiros dos anos corenta e volveu exercer como médico no Grove.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha