Nacemento:
Morte:
Pianista. Cara 1919 casou co avogado e político Ceferino Maestú Novoa; tiveron un fillo e tres fillas: Ceferino-Luis, María del Pilar, Trinidad e Encarnación. Veciños de San Roque (Cádiz). Estudou música (piano) en Santiago de Compostela (A Coruña).
O seu home exerceu a vicesecretaría da Cámara de Comercio de Vigo entre 1914 e 1919, xuíz municipal suplente en Vigo no ano 1915, inspector de Emigración en Vigo e, debido a unha vinganza política, sufriu varios traslados ata que se estableceu como avogado en San Roque; tamén dirixiu o semanario La Ráfaga. Concelleiro no ano 1917 e alcalde da cidade viguesa entre 1920 e 1921 polos liberais. Desde o ano 1925 estaba inmerso na masonería.
Chegaron ao Campo de Xibraltar no ano 1922. Republicano convencido, Ceferino foi o primeiro en ondear a bandeira tricolor en San Roque o día 14/04/1931, cando militaba nas filas do Partido Republicano Radical (PRR). Nas elección de febreiro de 1936 era apoderado da Fronte Popular (FP) cando era presidente local de Unión Republicana (UR). Nomeárono gobernador civil de Huelva o día 03/06/1936, pero dimite o día 4 de xullo seguinte e volveu ás súas ocupacións en San Roque.
Vítima colateral.
Cando se produce o golpe rebelde ao seu home arrestárono os Regulares do Rif, que o empregaron como escudo humano para chegar á fronteira de Xibraltar, deixándoo logo en liberdade. Tratou de poñer a salvo á súa familia, sen éxito. Cando finalmente os Regulares tomaron o control de San Roque, detivérono e fusilárono na Alameda de Alxeciras o día 27/07/1936.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.