← Volver atrás

Maestú Novoa, Ceferino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 17/07/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Roque
(Cádiz)
- 27/07/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 46 anos. Cara 1919 casou con Ascensión Barrio Cordal; tiveron un fillo e tres fillas: Ceferino, Pilar, Trinidad e Encarnación. Veciños de San Roque. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC), rematando a carreira en 1914. Vicesecretario da Cámara de Comercio de Vigo entre 1914 e 1919. Xuíz municipal suplente en Vigo no ano 1915. Inspector de Emigración en Vigo. Debido a unha vinganza política sufriu varios traslados ata que se estableceu como avogado en San Roque.

Dirixiu o semanario La Ráfaga.

Concelleiro no ano 1917 e alcalde da cidade viguesa entre 1920 e 1921 polos liberais.

Desde o ano 1925 unírase á masonería.

Ceferino chegou ao Campo de Xibraltar no ano 1922. Republicano convencido, foi o primeiro en ondear a bandeira tricolor en San Roque o día 14/04/1931, cando militaba nas filas do Partido Republicano Radical (PRR).

Nas elección de febreiro de 1936 exerceu de apoderado pola Fronte Popular (FP), cando era presidente local de Unión Republicana (UR). Nomeárono gobernador civil de Huelva o día 03/06/1936, pero dimitiu o día 4 de xullo seguinte e retornou ás súas ocupacións en San Roque.

Executado.

Cando se produce o golpe rebelde arrestárono os Regulares do Rif, que o empregaron como escudo humano para chegar á fronteira de Xibraltar e logo deixárono en liberdade.

Tratou de poñer a salvo á súa familia, sen éxito.

Cando finalmente os Regulares tomaron o control definitivo de San Roque, detivérono e fusilárono na Alameda de Alxeciras.

No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha