← Volver atrás

Barros Cela, Guillermo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 16/07/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
- 12/12/2009 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Pasteleiro e sindicalista, 22 anos. Veciño de Vigo. Irmán de Fabián Barros Cela, encarcerado e exiliado.

A finais dos anos vinte figuraba no Sindicato de Pasteleiros da UXT de Vigo e contribuíu a que se pasaran á CNT. En 1930 sería un dos fundadores das Xuventudes Libertarias (XXLL) e en 1934 integrouse na Federación Anarquista Ibérica (FAI). En marzo de 1936 era o presidente do Sindicato Único do Ramo da Alimentación en Vigo.

Fuxido. Encarcerado.

Cando se produce o golpe dos militares rebeldes participou na resistencia no barrio do Calvario, en Vigo, e despois da caída da cidade, agachouse durante tres anos.

Ao rematar a guerra civil puido escapar á represión.

Xulgado en Vigo co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

A primeiros dos anos corenta participa na reorganización da CNT. En 1942 era membro do Comité de Vigo con Dalmacio Bragado Ruiz, sendo secretario adxunto da Federación local.

Capturado polos franquistas.

Xulgado en consello de guerra en Vigo no ano 1948 co resultado de sentenza a cinco anos de cadea.

Encarcerárono en Sevilla, na Colonia Penitenciaria Militarizada de Dos Hermanas.

En liberdade condicional en setembro de 1949.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha