← Volver atrás

Bragado Ruiz, Dalmacio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Villalonso
(Zamora)
- 24/09/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 04/04/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Barqueiro, escritor e sindicalista, 43 anos. Tivo catro fillas e un fillo coa súa compañeira: María, Emma (+1928), Blanca, Dalmacio e outra Emma. Veciños de Ceboleira, Santa Cristina de Lavadores, Vigo. Mobilizárono e combateu no norte de África. No ano 1919 emigrou cara Bilbao (Biscaia), onde conectou co anarcosindicalismo.

Cando vivía no País Vasco foi militante da CNT desde 1919 e imputárono en varias accións delitivas nas que o declararon non culpable. Tamén o acusaron en varios atracos.

En abril de 1923, pouco antes da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, chegou a Vigo, residindo na Ceboleira, Santa Cristina de Lavadores. Traballou na Sociedade Xeral Galega de Electricidade. Entrou en contacto cos anarcosindicalistas José Villaverde Velo e Manuel Montes Don, reforzando e incrementando as accións sindicais violentas, estoupando varios artefactos explosivos, co resultado de ser detido, xulgado e condenado a catro anos de presidio correccional en 1924.

No ano 1930 era secretario da CNT en Vigo. En 1936 era vicepresidente do Sindicato de Boteiros e Lancheiros de Vigo.

Correspondente e articulista do xornal CNT de 1932 a 1934. Colaborou con La Tierra, ¡Despertad! e Mar y Tierra.

Encarcerado.

Prendérono os franquistas logo da revolta militar.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Pena ordinaria conmutada na comisión da VIII Rexión Militar.

A primeiros dos anos corenta participa na reorganización da CNT. En 1942 era membro do Comité de Vigo con Guillermo Barros Cela.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha