← Volver atrás

Villaverde Velo, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 12/07/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Sabón, San Tirso de Oseiro, Arteixo
(A Coruña)
- 24/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, tallista de imaxes relixiosas, 42 anos. Casado. Veciños da rúa Fernández Latorre, na Coruña. Listeiro nas obras na nova estación do tren na Coruña.

Aos 15 anos participou na organización da primeira Federación Local de Sociedades Obreiras de Santiago de Compostela, representando ao Sindicato de Carpinteiros. Despois trasladouse a Vigo (Pontevedra) por motivos laborais e desenvolveu cargos importantes no Sindicato do Transporte.

No ano 1923 entrou en contacto cos anarcosindicalistas Dalmacio Bragado Ruiz e Manuel Montes Don, reforzando o sindicato e incrementando as accións sindicais violentas, estoupando varios artefactos explosivos.

En 1924 era director do voceiro cenetista Solidaridad Obrera. Director do xornal Mar y Tierra.

Portavoz e secretario da Confederación Rexional Galaica (CRG), da CNT, converténdose no máis emblemático dirixente anarcosindicalista de Galicia. Anarcosindicalista moderado, gran sindicalista e orador. En 1931 creou a importante Federación Nacional da Industria Pesqueira.

En 1931, xa na Coruña, será recoñecido como un dos cadros máis capaces da CNT española, sendo secretario desa confederación, que abandonou en decembro de 1932, por mor do acoso dos radicais da Federación Anarquista Ibérica (FAI). Sucedeuno un home máis extremista, José Moreno Torres.

Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal e membro do Sindicato de Oficios Varios da Coruña. Dirixía a CNT da Coruña con José Moreno Torres e Enrique de Miguel Moscoso, o Cristo de Vioño, o Torto, e na que militaban a maioría dos traballadores da cidade.

As accións violentas de decembro de 1933 por parte de anarquistas da FAI, levou aos moderados que repudiaban a violencia a fundar o Partido Sindicalista (PS), do que foi presidente Manuel Fernández Fernández. En abril de 1934 José Villaverde era xerente-administrador do Sindicato de Transportes.

Paseado.

Arrestárono os franquistas o día 04/08/1936 e internárono na Prisión Provincial da Coruña.

No mes de setembro de 1936 os golpistas propuxéronlle a organización dos sindicatos fascistas e, ao negarse, asasinárono.

Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia interna.

O seu cadáver apareceu nos Campos de Sabón.

Manifestou diante do xuíz que non participou na preparación da defensa da II República no Goberno Civil da Coruña ou nas rúas da cidade; as diferenzas cos da FAI separárono da dirección do sindicato e retirouse desas actividades. Aqueles días estivera recluído na súa casa; pasados oito días do golpe, presentouse na Estación do Ferrocarril, onde traballaba de listeiro, a máis de atender un quiosco de venda de libros e xornais. Detido polos falanxistas o día 04/08/1936 e entregado na Prisión Provincial da Coruña.

Este histórico sindicalista morreu por mor de varios culatazos e disparos preto de Oseiro na noite do 24 ao 25 de setembro.

Segundo testemuñas da familia, faleceu polo tiro dun falanxista a cara cuberta ao que el se enfrontou dicíndolle se era quen de matalo sen ocultarse. Machacado a culatazos.

Foi un home honesto coas súas ideas. Mentres estivo no cárcere, os falanxistas ofrecéronlle a liberdade a cambio da reorganización dos sindicatos verticais, pero negouse por fidelidade coas súas ideas. O día 24 chamárono pola bucina da prisión, todos enmudeceron e nas escaleiras despediuse con estas palabras “compañeros, amigos todos: los que quedeis, acordaros de los hijos de los que nos vamos”.

Soterrárono no emiterio de San Amaro, na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.